AQUÍ PODEDES REPASAR ALGÚNS CONTIDOS DO TEMA 12 E 13 DE COÑECEMENTO
PREMEDE SOBRE A IMAXE
SON LECTURAS EN GALEGO PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN ORAL E TAMÉN A ESCRITA.
A mesma lectura pódese ler (se premes no botón de "comprensión escrita")
ou podes escoitala (se premes no botón de "comprensión oral")
En ámbolos dous casos despois tedes unhas preguntas para valorar a comprensión tanto oral como escrita.
Se queredes traballar as regras ortográficas dun xeito ameno e distendido esta páxina pode ser unha boa opción. Elixe na ruleta a norma que queres practicar (aparece no centro) e a desfrutar aprendendo!
En cada categoría (para cada norma) aparecen as seguintes actividades para facer:
- Completar palabras cunha sílaba - Formar palabras coas súas sílabas - Formar palabras letra a letra - Dictado no laberinto - Formación de frases - Sudoku de palabras - Adiviñas. - Palabras derivadas - Completar textos con palabras - Secuencias de palabras
Nesta páxina poderedes atopar unha serie de problemas matemáticos, algúns moi sinxelos e outros, que aínda que son doados, precisan dun tempiño e moita atención.
LEDE MOI BEN AS INSTRUCIÓNS QUE VEÑEN ANTES DE CADA PROBLEMA