Se queredes traballar as regras ortográficas dun xeito ameno e distendido esta páxina pode ser unha boa opción. Elixe na ruleta a norma que queres practicar (aparece no centro) e a desfrutar aprendendo!
En cada categoría (para cada norma) aparecen as seguintes actividades para facer:
- Completar palabras cunha sílaba - Formar palabras coas súas sílabas - Formar palabras letra a letra - Dictado no laberinto - Formación de frases - Sudoku de palabras - Adiviñas. - Palabras derivadas - Completar textos con palabras - Secuencias de palabras
Nesta páxina poderedes atopar unha serie de problemas matemáticos, algúns moi sinxelos e outros, que aínda que son doados, precisan dun tempiño e moita atención.
LEDE MOI BEN AS INSTRUCIÓNS QUE VEÑEN ANTES DE CADA PROBLEMA
Nesta páxina podedes practicar gramática clasificando as palabras segundo a súa categoría gramatical. Tes exercicios diferentes e dous niveis de dificultade para que non te aburras.
ÁNIMO VERÁS QUE DOADO.!!!
PREME SOBRE A IMAXE
Agora preme sobre a seguinte imaxe e analiza frases enteiras.
Podedes estudar o tempo atmosférico e todo o
relacionado co mesmo (clima, meteoroloxía, instrumentos de medida, mapas do
tempo, o satélite meteosat, as catástrofes meteorolóxicas…) premendo na
seguinte imaxe do satélite meteosat, e despois comprobade o que sabedes cunhas sinxelas preguntas.